Quen Somos

O equipo de "Educando en Familia" está formado por mestras-orientadoras con máis de trinta anos de experiencia no acompañamento socio-educativo. Dirixímonos a todas as familias con fillos menores de seis anos, con especial atención ás que sea encontren en risco de exclusión social, así como familias monoparentais  formadas por mulleres e os seus fillos e fillas.

Somos conscientes dos cambios que a nosa sociedade experimentou nos últimos anos en materia educativa, social e económica, e buscamos implicarnos neles orientando ás familias no seu camiño.

En coordinación con outros colectivos, promovemos actividades para a formación integral de familias e mulleres, adaptándonos ás demandas e necesidades da comunidade.

Ofertar, promover e garantir unha sociedade máis comprometida é o noso obxectivo principal, o cal buscamos a través da implicación das familias e das entidades a través do desenvolvemento deste servizo.